De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Cuadramón coas seguintes características:
Peticionario: Ineuropa de Cogeneración, S.A., r/ Cardenal Marcelo Spinola, 42, 28016 Madrid.
Situación: concellos do Valadouro, Abadín e Alfoz (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V(0.621.000, 4.815.843); V(0.621.000, 4.812.000).
V(0.619.000, 4.812.000); V(0.619.000, 4.813.100).
V(0.618.350, 4.813.100); V(0.617.800, 4.813.500).
V(0.616.300, 4.815.843).
Superficie afectada: 1.262 ha.
Características técnicas principais:
Número de aeroxeradores: 27.
Potencia nominal unitaria: 750 kW.
Potencia total instalada: 20,25 MW.
Altura de torres: 45 metros.
Diámetro de pas: 44 metros.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 11 de marzo de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2113