Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 5878.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Héctor García López, con enderezo en Francisco Franco, 3, 33740 Tapia de Casariego (Asturias), presentou nesta delegación provincial, instancia-solicitude do permiso de investigación Serantes de 10 cuadrículas mineiras para recursos de Diabasa Ornamental, que se sitúa no concello de Ribadeo da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5878 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 08' 40''43º 33' 00''

2-7º 08' 40''43º 33' 40''

3-7º 07' 00''43º 33' 40''

4-7º 07' 00''43º 33' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2134