Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (138/1995).

En Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1997, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 17-11-1995 se dictou sentencia no xuízo de faltas número 138/1995, seguido por subtracción presuntamente ocorrida o día 25-2-1995 en Santiago de Compostela, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a Amani Djamal e Kamel Missoun da falta que se lles imputa, con declaración das custas de oficio».

E así o fago constar e expido esta cédula para a súa notificación ós denunciados Amani Djamal e Kamel Missoun, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, advertíndoos de que, contra a sentencia, cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado conforme o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

2262