Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (201/1991).

En Santiago de Compostela, o 18 de febreiro de 1997, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 8-5-1992 se dictou sentencia no xuízo de faltas número 201/1991, seguido por furto ocorrido en Santiago de Compostela o día 13-9-1991, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Francisco Javier Ouviña Rivadulla, como autor da falta antes descrita, á pena de seis días de arresto menor e a que indemnice a María del Carmen Otero Moure en 4.000 ptas., con imposición de custas ó condenado. Fágase entrega a María del Carmen Otero das 1.000 ptas. ocupadas ó denunciado».

E así o fago constar e expido a presente cédula para a súa notificación ó denunciado Francisco Javier Ouviña Rivadulla, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, advertíndoo de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado, conforme o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

1528