Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (103/1996).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 103/1996, que se segue por lesións en agresión, cítase a Cristóbal Gómez Montero para que o vindeiro día 11 de abril ás 10.30 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaeren sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Cristóbal Gómez Montero, en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2276