Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de marzo de 1997 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa convocados pola Orde do 11 de marzo de 1996.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 11 de marzo de 1996, convocou premios á innovación educativa dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e do recoñecemento do traballo realizado polos profesores e profesoras que, individual ou colectivamente, están a levar adiante prácticas educativas innovadoras. De conformidade co disposto no artigo 4º da devandita orde, o día 3 de decembro de 1996 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, composta polos seguintes membros:

Presidente: José Luis Mira Lema, director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Vocais: Emilio Pérez Sánchez, inspector xefe da Inspección Central; Pedro Gómez Álvarez, subdirector xeral de Ordenación Educativa; Antonio Reguera González, subdirector xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos; Isabel Serna Masiá, xefa do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa; Amparo Jiménez Díaz, membro do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretario: Gustavo Gómez Vidal, membro do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

O secretario levantou acta da proposta de concesión de premios emitida pola comisión avaliadora na mesma data, elevando a dita proposta ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-los premios á innovación educativa, convocados pola Orde do 11 de marzo de 1996, ós traballos e profesores que se relacionan no anexo á presente orde.

Segundo.-Contra a presente disposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso, no prazo de dous meses contados desde a data de publicación desta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

-Primeiro premio, dotado con 400.000 pesetas, ó traballo titulado «O noso litoral dentro da educación

ambiental». Autores: Julia Fernández Rodríguez, María Araujo Rodríguez, María Luz Carballo Gaspar, María Luisa García Moreno, Eladio Troncoso Castro, Raquel Gómez Fuentes, Pilar Veiga Rouco, Ángeles González Martínez, Ánxeles González Gómez, Francisco Ferreira Lamela, Carlos Sever Valverde, Carlos Agulla Pizcueta e María Jesús Sánchez Sánchez, do C.P. Sanguiñeda-Mos.

-Segundo premio, dotado con 300.000 pesetas, ó traballo titulado «Linking Cultures». Autores: María Amparo Vázquez Vivas, Rosa María Fernández Álvarez, María Esperanza González Doniz, María del Pilar Bermejo Lijó e Sara Ruiz Salgado, do I.B. As Lagoas, Ourense.

-Terceiro premio, dotado con 200.000 pesetas, ó traballo titulado «O caldeiro máxico». Autor: Mario Aller Vázquez, do C.P. Milladoiro, Malpica.

-Cuarto premio, dotado con 100.000 pesetas, ó traballo titulado «Creámo-lo recanto do restaurante». Autora: María Teresa Santamaría Hervella, da Escola de Vilaza-Monterrei.

2498