Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se publica a relación de coutos de pesca fluvial das augas continentais galegas e as súas normas básicas de funcionamento para a tempada de pesca de 1997.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 39, do 17 de marzo de 1997, é necesario face-las seguintes correccións:

-No anexo I, no límite superior do couto de Sigüeiro no río Tambre, onde di, «Porto Chao (Oroso-O Pino)», debe dicir, «Carolliño de Arriba (Oroso-O Pino)».

-No anexo I, no límite superior do tramo 1 en réxime xeral do couto de Sigüeiro no río Tambre, onde di: «Porto Chao», debe dicir: «Carolliño de Arriba».

-No anexo III, no couto de Barbantiño (sen morte) no río Barbantiño, o número de permisos en sabados, domingos e festivos, onde di: «4», debe dicir: «5».

-No anexo IV, no couto de Ponte-Liñares (consorciado) no río Liñares, no límite superior, onde di: «Presa abastecemento da Estrada», debe dicir «Muíños de Penide»; no límite inferior, onde di «Muíños de Penide», debe dicir: «Presa abastecemento da Estrada».

2188