Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.094

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de marzo de 1997 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal de Cee no rexistro de escolas de música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1º establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración de ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música polo Concello de Cee, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola cos datos se sinalan no anexo a esta orde queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Denominación específica: escola de música de Cee.

Titular: Concello de Cee.

Domicilio: colexio comarcal Eugenio López, rúa Escola, s/n.

Localidade: Cee.

Provincia: A Coruña.

2263