Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/36-2-4670 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. Sub. C.T., R.B.T. edificio inversións Vilela, Rúa Salmón.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 200 metros, realizada con conductor D.H.Z.1, 12/20 kV, de 1x150 mm Al. Centro de tranformación de 2x630 kVA 20.000/380-220 V±5%. Liña de media tensión en conductor D.H.Z.1, 12/20 kV, para subministración eléctrica no edificio inversións Vilela, na rúa Salmón en Lugo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2002