Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/312-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Valeixe-Aserradoiro.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 906 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 148 da L.M.T. Arbo-A Cañiza rematando no C.T. existente denominado Aserradoiro, concello da Cañiza.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 26 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1993