Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 20 kV, C.T. e R.B.T. de Vilaseca (Sarreaus e Trasmiras) nos concellos de Sarreaus e Trasmiras e de declaración da súa utilidade pública. (Expediente IN407A 96-45-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

b) Situación: Sarreaus e Trasmiras (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

1. Liña aérea, a 20 kV, en conductor LA-56, de 1.806 m, sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde o apoio 28 da liña Sarreaus-Escornabois, e rematará no C.T. proxectado en Vilaseca (Trasmiras) con 160 kVA, 20 kV/380-220 V, e redes de baixa tensión de 370 m en conductor R.Z. Liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 90 m, sobre postes de formigón ou metálicos derivada desde o

apoio 7 da liña ó C.T,. de Vilaseca, e rematará no C.T. existente particular denominado discoteca.

a) Orzamento: 9.054.092 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, solicita, así mesmo, a declaraciónd e utilidade pública da instalación, a cal, segundo o sinalado no artigo 53 levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previdos no citado título IX da Lei 40/1994, e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa, en sancións en materia de instalacións eléctricas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (rúa Curros Enríquez nº 1, 3º de Ourense), e formularlle a este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito, as que versarán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do sinalado Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento de levantamento de actas previas.

Ourense, 19 de febreiro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: IN407A 96-45-3A.T.Provincia: Ourense

Liña L.M.T. aérea proxectada a C.T. aéreo proxectado en VilasecaConcello: Trasmiras

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºSup.

Ocup. mLonx.

mlSup.

Afect. m

1Seara de ArribaLaborFrancisco López CorbalVilaseca70,6466528

Provincia: Ourense

Liña L.M.T. aérea proxectada a C.T. aéreo existente discotecaConcello: Trasmiras

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1Seara de ArribaM. baixoFrancisco López CorbalVilaseca10,4924

1937