Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan (RC-PO-97.15 e RC-PO-97.18).

a) Obras.

1. Paso inferior na C-533 Lalín-Rodeiro. P.q. 174,750. Concello de Lalín.

Clave: RC-PO-97.15

Presupuesto: once millóns cincocentas cincuenta e nove mil novecentas setenta e unha (11.559.971) ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría b.

Garantía provisional: non se precisa.

2. Mellora da seguridade vial na C-550. Treito: Cambados-O Grove. P.q. 45,871 ó 48,084. Concello do Grove.

Clave: RC-PO-97.18

Orzamento: dezaseis millóns setencentas vintedúas mil seiscentas vinte (16.722.620) ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa alcalde Hevia, s/n. Teléfono: 986-80 56 42.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lixislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n, ás dez horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 20 de marzo de 1997.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

97-2433