Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra denominada: vía alternativa á C-550 na ponte da Barca (clave: N/PO/95.7).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, do 21 de novembro de 1996, o estudio informativo da vía alternativa á C-550 na Ponte da Barca, clave: N/PO/95.7, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o coiden oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; sinálase que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección xeral de Obras Públicas e Transportes e na Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra, ambas pertencentes á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/95, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de

Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais de Galicia; estará a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

2417