Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación da poxa polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras de clave RF/PO/97.1 e tres máis.

A) Obras.

1. Acondicionamento da plataforma na PO-212 A Fraga-Rodeiro p.k. 7,000 ó p.k. 16,600, concello de Rodeiro.

Clave: RF/PO/97.1.

Orzamento: cincuenta e un millóns setecentas dezanove mil novecentas sete pesetas (51.719.907).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 1.034.398.

2. Acondicionamento da plataforma ramal á Illa de Arousa p.k. 0+000 ó 4+560 Illa de Arousa-Vilanova de Arousa, Pontevedra.

Clave: RF/PO/97.2.

Orzamento: trinta e catro millóns setenta e tres mil novecentas setenta e oito pesetas (34.073.978).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 681.480.

3. Acondicionamento da plataforma PO-224 Bora-San Antoniño p.k. 0+000 ó 10+900, Pontevedra.

Clave: RF/PO/97.3.

Orzamento: oitenta e dous millóns oitocentas corenta e unha mil seiscentas setenta e oito pesetas (82.841.678).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.656.834.

Conservación na zona 1, provincia de Pontevedra.

Clave: RC/PO/97.9.

Orzamento: sesenta e cinco millóns cincocentas setenta e cinco mil trescentas sesenta e oito pesetas (65.575.368).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 1.311.507.

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

97-2433