Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1996 e as listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1996, e publicados por Resolución do 3 de xuño de 1996 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 119, do 18 de xuño) e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 6.2 dos criterios xerais que rexen para o fondo de acción social de 1996, procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreu o prazo de alegacións previsto no punto 2 da Resolución do 3 de febreiro de 1997 (DOG nº 32, do 17 de febreiro).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 3 de xuño de 1996, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo á presente resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1996.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde a data da publicación da presente resolución de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación62824138759.994.469
Diminuídos3673293870.510.800
Fillos menores62655602663161.118.819
Est. traballador1484115233218.432.000
Est. fillos20377177132664157.943.912
Vivenda697478219132.000.000

Totais29818255154303600.000.000

2349