Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación da asistencia técnica para o concurso de explotación e instalación de estacións de aforo nas estradas da rede autonómica (clave AF/SC/97.1).

Concurso procedemento aberto.

Orzamento: 213.064.740 ptas. (douscentos trece millóns sesenta e catro mil setecentas corenta pesetas).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 49 86, telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Categoría de servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución.

Rede de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b)

c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no apartado 4.3 do prego de prescripcións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substancialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o mellore.

7. Prazo de execución do contrato.

3 anos.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o indicado no apartado número 1.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude:7 de maio de 1997.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 19 de maio de 1997, ás 11 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (4.261.295 ptas.).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (8.522.590 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada pola Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes , obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico

e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría c.

Data límite de presentación de ofertas: 7 de maio de 1997.

17. Data de envío do anuncio.

17 de marzo de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

17 de marzo de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1887