Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/10-2-4676 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Guldriz de Arriba.

Situación: Friol.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 790 metros sobre apoios de formigón. Centro de

transformación de 50 kVA 20.000/400-231 ±2,5% ±5% V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-95 Al, cunha lonxitude de 40 metros de lonxitude, para mellora do servicio eléctrico en Guldriz de Arriba, concello de Friol.

Orzamento: 4.385.676 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1888