Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.899

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (303/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño, que nos autos de separación conxugal dos que se fará mérito, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e resolución seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dous de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, vistos os presentes autos incidentais de familia número 303/1996, seguidos entre partes, dunha, como demandante, Armando Manuel Gómez Iglesias, coa procuradora Arcos Romero e doutra, como demandada, Miralis Santiesteban Domínguez, ausente en paradoiro descoñecido.

Resolvo que, considerando a demanda presentada pola procuradora Elena Arcos Romero, en nome e representación de Armando Manuel Gómez Iglesias,

contra Miralis Santiesteban Domínguez, declarada en rebeldía, debo decretar e decreto a separación do matrimonio formado polos cónxuxes litigantes, sen facer expresa imposición das custas procesuais. En canto sexa firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio. Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás que se lles advirte que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación á demandada rebelde, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2128