Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (189/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fago saber que no xuízo executivo, número 189/1996, promovido polo Banco de Asturias, S.A., co DNI/CIF A-33007949 domiciliado na rúa Fruela, 5 e 7 (Oviedo), representado polo procurador dos tribunais Ricardo García Piccoli Atanes, contra José María Muñoz Rodríguez, Álvaro Tubío García e Ana Requena Herrera, en reclamación de cantidades por importe de 1.039.455 pesetas, por principal, xuros e custas orzadas, acordei por providencia desta data, citar en remate á dita parte demandada, Álvaro Tubío García, con DNI/CIF 39337836-Q, domiciliado en rúa Poza Real, 22 (Santiago de Compostela) e Ana Requena Herrera, con DNI/CIF 39335764-Z, domiciliado en r/ Poza Real, 22 (Santiago de Compostela), con domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días compareza nos autos por medio de procurador que o represente e avogado que o defenda, e se opoña, se lle conviñese á execución contra este despachada, practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu

ignorado paradoiro. Do mesmo xeito, fáiselle saber que as copias da demanda e documentos achegados están ó seu dispor na secretaría deste xulgado. De non comparecer en legal forma, será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen volver a citalo nin facer outra notificación máis cás que a lei determina.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1315