Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (195/1991).

Eu, Camilo José García-Puertas Magariños, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se segue xuízo de menor contía nº 195/1991, entre as partes que se dirán, no que recaeu sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que din así:

En Santiago de Compostela o dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e catro. Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de declarativo de menor contía 195/1991, promovidos por instancia de Mª Fernández Vilaseco e, na súa representación, a procuradora dos tribunais Ángeles Regueiro contra Eugenio Boquete Souto representado polo procurador Reymóndez Portela, Benigna Fernández Vilaseco representada polo procurador García Boado, Manuel Fernández Vilaseco, Estrella Iglesias Gómez e Avelino Seoane Santos, estes últimos en situación procesual de rebeldía.

Resolvo: que debo desestimar e desestimo a demanda presentada pola procuradora Ángeles Regueiro en nome e representación de María Fernández Vilaseco contra Eugenio Boquete Souto, representado polo procurador Reymóndez Portela, Benigna Fernández Vilaseco, representada polo procurador García Boado, Estrella Iglesias Gómez, Manuel Fernández Vilaseco e Avelino Seoane Santos, en situación procesual de rebeldía.

Non se fai expresa mención en canto ás custas. Contra esta resolución cabe interpór recurso de apelación no prazo único de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Leonor Castro Calvo.

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados Manuel Fernández Vilaseco, en paradoiro descoñecido, Estrella Iglesias Gómez e Avelino Seoane Santos, en situación procesual de rebeldía, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 16 de setembro de 1994.

O secretario

Rubricado

1098