Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (331/1996).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de autos dictados por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 331/1996, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Auto. En Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Único. Con data do 5 de decembro de 1996 dictouse sentencia no procedemento de xuízo executivo no que consta nos feitos, antecedentes de feito segundo e resolución a entidade A Y P Producción y Comercio, S.L., cando debía figurar P Y C Producción y Comercio, S.L.

Resolvo: que debía rectificar e rectifico a sentencia con data do 5 de decembro de 1996, e no sentido de que no canto de A Y P Producción y Comercio, S.L., debo facer constar P Y C Producción y Comercio, SL.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación, en ámbolos efectos, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, P Y C Producción y Comercio e Fernando Méndez López, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

944