Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.874

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997 pola que se nomea secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia a José Luis Rodríguez Fernández.

De conformidade co previsto no artigo 21.3º da Lei 9/1995, de creación deste consello e 32 do seu Regulamento de organización e funcionamento, e a súa disposición adicional cuarta, e por acordo unánime do Pleno do Consello Consultivo, do 19 de marzo de 1997,

RESOLVO:

Nomear a José Luis Rodríguez Fernández, secretario xeral deste órgano, con tódolos dereitos e obrigas propias do cargo, debendo procederse á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

1804