Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.874

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 62/1997, do 31 de marzo, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á república de Túnez é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á república de Túnez, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 1 de abril ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

2260