Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Por decreto do Consello da Xunta de Galicia número 40/1997, do 20 de febreiro, declarouse a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: expropiación forzosa para a execución da conexión dos vertidos do Milladoiro ó colector do Sar, e do saneamento en Porto e Rocha Vella, ampliación de abastecemento de auga en Porto.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación.

Lugar: na Casa do Concello, sen prexuízo de trasladarse o lugar dos predios se fose necesario.

Día 14 de abril de 1997, do predio número 1 ó número 50.

Día 15 de abril de 1997, do predio número 51 ó número 77.

Día 16 de abril de 1997, do predio número 78 ó número 225.

Hora: das 10 ás 14 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e documento nacional de identidade, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notario.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.

Pedro Antonio Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo

2296