Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello (en sesións do 31 de xaneiro e 28 de febreiro pasados), e a Comisión de Goberno (en sesións do 3 de febreiro e 3 de marzo), adoptaron os seguintes acordos:

1. Aprobación inicial do programa de actuación urbanística do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) na Barcia.

2. Aprobación inicial do plan parcial do SUN-28 na Barcia, promovido por Gesprocar, S.L.

Os expedientes expóñense ó público na sección de planeamento e xestión, durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e BOP. O cómputo do prazo iniciarase na data da última publicación.

De conformidade co disposto polo artigo 102 do R.D.L. 1/1992, a aprobación inicial do plan parcial determina a suspensión do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no seu ámbito. O ámbito do plan parcial é o definido polos seguintes lindes:

Norte: zona de prados, ó norte e leste do centro de educación especial da Barcia.

Sur: estrada comarcal C-543 de Santiago de Compostela a Noia.

Leste: monte da Barcia, xunto á estrada a Figueiras M-79.

Oeste: complexo administrativo da Xunta de Galicia na Barcia.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no parzo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Este anuncio servirá como edicto de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente no trámite de información pública dos dous expedientes.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

O alcalde

Rubricado

(‘QQ@UU