Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación inicial da modificación puntual do PXOU para a reclasificación do solo en Montecelo (Mourente), con destino a equipamentos para posibilita-las reforma e ampliación do Hospital de Montecelo, e a construcción da Escola de Fisioterapia.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 30 de xaneiro do 1997 aprobou, con carácter inicial, a modificación puntual do PXOU en Montecelo, parroquia de Mourente, con reclasificación de solo para aumentar parcela de equipamento actual, co fin de posibilita-la ampliación do Hospital de Montecelo polo Sergas e a construcción da Escola de Fisioterapia pola Universidade de Vigo, sendo formulado o documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arqui

tecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na unidade de fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

2297