Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 20 de marzo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Nuño de Ousende-terminación zona 4 B do SU-22, por instancia de José Vila Rejo, logo de constitución de garantía polo importe de 14.182.608 ptas., catorce millóns cento oitenta e dúas mil seiscentas oito pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e a súa simultaneiradade coas da edificación.

2. A dita aprobación queda condicionada á autorización do aproveitamento baixo rasante para garaxe-aparcametno, que se entenderá outorgada pola concesión da licencia das obras sempre que se inclúa o dito arpoveitamento na memoria e planos, e á formalización en comparecencia administrativa por parte da propiedade do compromiso no sentido de que a capa de terra vexetal sobre o forxado do dito aproveitamento terá como mínimo 120 cm, tal e como esixe a norma complementaria reguladora.

De conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de quince días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple al circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de marzo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

1345