Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Conforme os artigos 100 e seguintes da Lei orgánica do Poder Xudicial e 49 e seguintes da Lei de demarcación e planta xudicial, fago a seguinte convocatoria pública para elección de xuíz de paz substituto.

Requisitos:

Ser español, maior de idade, non estar impedido física ou psiquicametne para a función xudicial, non atoparse condenados por delicto doloso, sen rehabilitar, e non atoparse procesados ou inculpados por delicto doloso en tanto non sexan absoltos e atoparse en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

Documentos que hai que presentar:

-Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

-Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto a) referente a se se atopa inculpado ou procesado.

-Certificado de méritos que os aspirantes aleguen ó seu favor.

O prazo de presentación das solicitudes remata ós 15 días da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Moaña, 3 de febreiro de 1997.

O alcalde en funcións

Rubricado

2325