Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación de obras 3/1997, mediante o sistema de poxa, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Coruña, resolve convoca-la seguinte licitación de obras técnicas polo sistema de poxa, procedemento aberto:

Obxecto: contratación de execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados. O orzamento, prazo de execución, fianza e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

Exposición de pregos: estarán de manifesto nos servicios de Contratación e máis de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delgación (edificio administrativo Monelos-Praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), das 9 ás 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo e presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixéximo sexto día seguinte ó da publicación que non cadre a sábado.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 do RXC).

Documentos que teñen que presenta-los licitadores: a que se sinale nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 9 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións que non cadre á sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

1. Título proxecto: acondicionamento de predios de concentración parcelaria na zona de Ozón e la O. (Muxía-A Coruña) CO97/212.002 X-3561.

Orzamento: 7.943.029 ptas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Fianza provisional: 158.861 ptas.

Clasificación: non se precisa.

2. Título proxecto: acondicionamento de predios de contratación parcelaria na zona de Serantes (Laxe-A Coruña) CO97/212.003 X-3379.

Orzamento: 7.678.598 ptas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Fianza provisional: 153.572 ptas.

Clasificación: non se precisa.

3. Título proxecto: acondicionamento de predio e camiños de concentración parcelaria na zona de Olas (Mesía-A Coruña) CO97/212.004 X-3420.

Orzamento: 20.697.080 ptas.

Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría b.

4. Título proxecto: acondicionamento de predios e camiños de concentración parcelaria na zona de San Cosme de Beigondo (Santiso-A Coruña) CO97/212.005 X-3721.

Orzamento: 11.388.300 ptas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Fianza provisional: 227.766 ptas.

Clasificación: non se precisa.

5. Título proxecto: afirmado de camiños de concentración parcelaria na zona de Bascoi (Mesía-A Coruña) CO97/212.006 X-3557.

Orzamento: 6.158.135 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Fianza provisional: 123.163 ptas.

Clasificación: non se precisa.

6. Título proxecto: rede de camiños principais de concentración parcelaria na zona de Barazón (Santiso-A Coruña) CO97/212.009 X-3719.

Orzamento: 104.678.030 ptas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

7. Título proxecto: acondicionamento de predios de contratación parcelaria na zona de Gastrar (Boqueixón-A Coruña) CO97/212.019 X-3764.

Orzamento: 21.122.140 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

8. Título proxecto: rede de camiños na zona de concentración parcelaria de Codeso-Pousada (Boqueixón-A Coruña) CO97/212.020 X-3691.

Orzamento: 110.310.935 ptas.

Prazo de execución: vinteseis (26) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

9. Título proxecto: rede de camiños na zona de concentración parcelaria de Dormeá (Boimorto-A Coruña) CO97/212.022 X-3560.

Orzamento: 104.230.163 ptas.

Prazo de execución: vinteseis (26) meses.

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

10. Título proxecto: rede de camiños na zona de concentración parcelaria de Xavestre (Trazo-A Coruña) CO97/212.031 X-3776.

Orzamento: 213.558.429 ptas.

Prazo de execución: vinteseis (26) meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

A Coruña, 19 de marzo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

2317