Pónse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Oubiña (Cambados-Pontevedra) que, co obxecto de que tomen posesión provisional delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, e se fixa como data límite, para a dita toma de posesión, o 15 de abril 1997, se hai falta de acordo do propietario delas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.
Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 16 de abril 1997, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.
De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.
Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outórgalles a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.
Pontevedra, 25 de febreiro de 1997.
Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra
2316