Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica para a realización do servicio de limpeza das instalacións do laboratorio agrario e fitopatolóxico de Galicia en Mabegondo-Abegondo e Guísamo-Bergondo.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a realización do servicio de limpeza das instalacións do laboratorio agrario e fitopatolóxico de Galicia en Mabegondo-Abegondo e Guísamo-Bergondo, de acordo cos proxectos e pregos de aprobados para ela.

Orzamento de licitación: seis millóns cento trinta e dúas mil cincocentas corenta e catro pesetas (6.132.544 ptas).

Plazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: non é necesaria.

Fianza definitiva: duascentas corenta e cinco mil trescentas dúas pesetas (245.302 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, o día e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 29 de abril de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar o día 6 de maio de 1997, ás 13 horas, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, situada no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Ángel Ligero F. de Tejada

Director xeral Estructura e Desenvolvemento Rural

2131