Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da canteira de lousa denominada Rixó, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto amibental se sometarán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anunico no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da canterira de lousa denominada Rixó, situada no lugar de Rixó, parroquia de Freixo (San Silvestre) do concello de Samos, provincia de Lugo, e solicitado por Antonio Regueiro Fernández.

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral e

as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1688