Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 36000 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Trabanca-Sardiñeira.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.470 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde o apoio n.13 da L.M.T. Ó C.T. Carril II rematando no apoio de cambio aéreo-soterrado nas inmediacións da C-550. L.M.T., soterrada, a 20 kVA, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio n.17 da L.M.T. ó C.T. Carril rematando no C.T. Carril, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., soterrada, a 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 17 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1689