Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Transmonte-Paradela.
Situación: A Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.594 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o C.T. Transmonte rematando no C.T. Paradela, concello da Estrada.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 5 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1094