Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.841

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (103/1996).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da faltas núm. 103/1996, que se segue por lesións agresión, cítase

a Cristóbal Gómez Montero para que o vindeiro día once de abril ás 10.30 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre del os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Cristóbal Gómez Montero, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

980