Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.841

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (62/1995).

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Pola presente requisitoria que se expide en méritos de executoria de xuízo de faltas número 62/1995, sobre lesións de agresión, cítase e chámase a María Luisa Jiménez Jiménez, nacida na Coruña o 14-11-1977, filla de Paulino e Pilar, con último domicilio coñecido, sito na Coruña, en II fase do polígono de Elviña, bloque 6, baixo A, para que dentro do termo de dez días compareza perante este xulgado co fin de cumpri-la pena de dez días de arresto maior e faga efectiva a indemnización de 115.000 pesetas imposta en sentencia firme, apercibíndoa de que, de non o verificar, será declarada rebelde e recaerá sobre dela o prexuízo a que houber lugar en dereito.

En Santiago de Compostela o trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

97-2048