Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.841

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (96/1996).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da faltas Núm. 96/1996, que se segue por roubo, cítase a José Javier Losada Ramallo e Juan Antonio Souto Rivas para que o vindeiro día once de abril ás 10.45 horas, comparezan perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciados baixo apercibimento de que se non o verifican nin alegan xusta causa para deixar de facelo, poderán ser multados conforme a lei e recaerán sobre deles os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo, se son parte, seren asistidos por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tenten valerse. E para que así conste e lles sirva de citación en forma a José Javier Losada Ramallo e Juan Antonio Souto Rivas, en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1671