Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.840

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (137 e 255/1995).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe:

Que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 137/1995 e 255/1995, se dictou a sentencia que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1996. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía, seguido neste xulgado co número 137/1995 e 255/1995 acumulados, no que actuaron como demandante, Dolores Cagide César, maior de idade, veciña da Coruña, representada polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistida pola letrada María Teresa Martínez Vidal e, como demandado, Emma-Rosa Fernández Nogueira, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Antonio Lastres López, sobre obras. Séguese o segundo procedemento por demanda de Emma Rosa Fernández Nogueira, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistida do letrado Antonio Lastres López e, como

demandados, Dolores Cagide César, maior de idade, veciña da Coruña, representada polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistida pola letrada María Teresa Martínez Vidal, Blanca César Refojo, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, representada pola procuradora dos tribunais Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado Francisco Porto Mella e contra Carmen César Rodríguez, declarada rebelde nas actuacións, sobre obras.

Decido: que debo declarar e declaro que Dolores Cagide César é a única propietaria do faiado da casa número 5 do cantón do Toural desta cidade; que a demandada, Emma Fernández Nogueira, non pode realizar obras como as que nel levou a cabo nin realizar instalacións de cables que dificulten o uso deste e, en consecuencia, condénase a que desfaga as obras sinaladas no informe pericial e a que retire

as instalacións por ela levadas a cabo no faiado, repoñendo este no ser e estado que tiña antes da súa realización; cóndenese a citada Emma Fernández a que retire a moblaxe e útiles que teña colocados no relanzo das escaleiras; declárase que é elemento común da citada casa número 5 do cantón do Toural o seu primeiro patio posterior que estrema coa fachada posterior e co segundo patio que serve de paso. Fáiselle imposición a Emma Fernñandez das custas de Blanca César Refojo e das xeradas pola demanda interposta por Dolores Cagide, sen se facer imposición do resto das custas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación á demandada rebelde Carmen César Rodríguez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, sete de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1670