Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/22-2-4692 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que e declaración se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Marzán, Valdemoitos e Vilalpape.

Situación: Bóveda.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 2.669 metros, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón en Marzán e Vilalpape. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Marzán, Valdemoitos e Vilalpape, concello de Bóveda.

Orzamento: 10.736.012 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1873