Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/23-2-4693 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Marrube-Vilatán.

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 3.377 metros, sobre apoios de formigón, con orixe en P51 da L.M.T. a C.T. de Buxán e P16 L.M.T. Galegos-Vilatán e final P3 da L.M.T. a C.T. de Vilatán e C.T. de Laxe, para mellora do servicio eléctrico en Marrube-Vilatán, concello do Saviñao.

Orzamento: 8.586.762 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1874