Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti
ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Camporrio a parte Remuín.
Situación: Monforte de Lemos.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 3.126 metros, sobre apoios de formigón. Tres centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95 mm Al, cunha lonxitude de 140 metros, para mellora do servicio eléctrico en Camporrio a parte Remuín, concello de Monforte de Lemos.
Orzamento:12.585.434 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1872