Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/5-2-4671 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Torre e Vilamirón.

Situación: Pantón.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 425 metros sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/398-230 V±2,5%+5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 55 metros, para mellora do servicio eléctrico en Torre e Vilamirón, concello de Pantón.

Orzamento: 3.376.682 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1870