Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/4-2-4683 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: R.B.T. en Ider.

Situación: Taboada.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor 0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 mm Al, cunha lonxitude de 240 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Ider, concello de Taboada.

Orzamento: 1.065.367 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 20 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1882