Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (263/1996).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela fai saber: que neste xulgado se segue procedemento sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co nº 263/1996, promovido por Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid, contra Santiago Penas Sixto e Mª del Carmen de la Torre Rivas, nos que, por resolución desta data, se acordou sacar á venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe, e o seu remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na seguinte forma:

En primeira poxa, o día 24 de abril próximo, ás 11 horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma de 14.700.000 pesetas.

En segunda poxa, caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 26 de maio próximo, ás 11 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, de non se remataren en ningunha das anteriores, o día 25 de xuño próximo, ás 11 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1.-Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda podéndose face-lo remate en calidade de cedelo a terceiros.

2.-Os que desexen tomar parte na poxa, agás o acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, no Banco de Bilbao Vizcaya, nº conta 1592/18/263/96, o vinte por cento do tipo expresado, e sen este requisito non serán admitidos á licitación.

3.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto en secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

-Casa composta de baixo e piso alto, sita no lugar de Picaños, parroquia de Sar, deste concello de Santiago de Compostela, de nove metros de fronte por nove metros de fondo, que fan a extensión de oitenta e un metros cadrados, aínda sen número. Ten anexo o resto de terreo non edificado da extensión de noventa e nove metros cadrados. Casa e terreo unido forman un só predio da extensión total de cento oitenta metros cadrados. Linda: norte, predio que formou parte da matriz de Avelino Penas Núñez; sur e leste, de Avelino Penas Núñez; oeste, ribazo e despois, camiño. Inscrito no tomo 1177, libro 200, folio 170, predio nº 22.813, inscrición 1ª.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non se puidese realizar no domicilio pactado.

Dado en Santiago de Compostela, vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1918