Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (168/1996).

Mª Lorenza Fernández Calaza, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de divorcio número 00168/1996, por instancia de Antonio Espiñeira Cajaraville, representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra María Fraga Fuentes, con domicilio descoñecido, nos cales por medio de resolución desta data se acordou emprazar a referida demandada para que no termo de vinte días compareza en autos, representada por procurador e asistida de letrado, baixo apercibimento de que, se non comparece, será declarada en rebeldía, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento á demandada María Fraga Fuentes, expido o presente edicto que asino en Padrón o 30 de xaneiro de 1997.

A secretaria

Rubricado

1609