Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (159/1996).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fai saber que neste xulgado, baixo o número 159/1996 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra Talleres Torreira, S.L., en reclamación de crédito hipotecario, e nas súas actuacións acordouse sacar a primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración, o predio hipotecado que se dirá.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa do Carme, 3, baixo, desta vila, o vindeiro día cinco de maio deste ano, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo de remate é de vinte millóns cincocentas mil pesetas 20.500.000 ptas., fixado para tal efecto na escritura de préstamo, non admitíndose ofertas que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o 20% do tipo de remate, e sen este requisito non serán admitidos.

3. Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, xunto daquel o importe da consignación á que se refire a condición segunda ou acompañando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

5. Os autos e a certificación rexistral están de manifesto na secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen poderen esixir outros títulos.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito, continuarán subsistenes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día cinco de xuño, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día sete de xullo, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

O predio obxecto da poxa é o seguinte:

Predio número setenta e seis (76) do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Santa Eulalia de Logrosa, rústica, labradío no lugar de Arieira, concello de Negreira. Linda: norte, estrada de Santiago de Compostela a Negreira; sur, camiño; leste, Victoria Fabeiro García e outros (75); e oeste, Marcelino Puñal Barbazán (77). Ten unha extensión superficial de cinco áreas e noventa e sete centiáreas.

Sobre o predio descrito e ocupando a superficie de cincocentos trinta e catro metros cadrados, Talleres Torreira, S.L. construíu a seguinte obra nova: nave de planta baixa, destinada a taller de reparación de vehículos e oficinas, que ten unha superficie útil de cincocentos dez metros cadrados. A nave ten a súa fronte polo vento norte e os mesmos lindeiros có predio sobre o que está situado. Nave e terreo unidos forman un só conxunto que ten os lindeiros anteriormente indicados.

Inscrición: está inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, no tomo 733, libro 120, folio 161, predio nº 5096, inscrición 5ª.

E para xeral coñecemento, expídese o presente edicto en Negreira o doce de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

984