Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.789

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Rosa María González Seijas.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 19 de abril de 1996 (BOE do 22 de maio), para a provisión

da praza número 96/023 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento Psicoloxía Evolutiva e da Educación, departamento de psicoloxía evolutiva e da educación desta universidade, a favor de Rosa María González Seijas, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria , e demais disposicións que desenvolven, resolveu nomear a Rosa María González Seijas, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade.

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

1369