Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Servicios Auxiliares de Puertos, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Servicios Auxiliares de Puertos, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-1-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo delegado de persoal, o día 17-1-1997 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio base da Coruña

Do 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro do 2000.

Texto do convenio da empresa de ámbito local que regula as condicións de traballo na actividade de tráfico interior de portos.

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación funcional, persoal e territorial.

O presente convenio de ámbito local regulará as condicións de traballo, económicas e sociais entre

a empresa Servicios Auxiliares de Puertos, S.A. e o cadro de persoal dela afecto ós remolcadores que aparecen no porto da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e acordos salariais.

Para o ano 1996 chégase ó acordo de que se incrementen tódolos conceptos salariais o 4,5% (loxicamente este incremento terá efecto retroactivo desde o 1/1/1996) agás os correspondentes ó devengado en remolques de mar, auxilios e salvamentos, e os que se aboen con cargo á Seguridade Social.

O convenio terá unha duración ata o 31-12-2000, e enténdese prorrogado por períodos anuais sempre que non medie denuncia expresa por algunha das partes, polo menos con tres meses de antelación á súa data de vencemento, ou de cada unha das prórrogas automáticas.

O incremento salarial, con motivo dos acordos pactados noutras materias, será o seguinte:

-Para 1997, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-1996

-Para 1998, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-1997

-Para 1999, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-1998

-Para o ano 2000, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-1999

Artigo 3º.-Comisión paritaria e mediación

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión paritaria formada por:

-Dunha banda, polo persoal:

Manuel Carabel Ferreiro

Juan Valle Costa

Antonio Cristino Quintela

-Doutra banda, pola empresa:

José Almagro Berlanga

Ricardo I. Lorenzo Vilbazo

Francisco Javier Braojos Corrales

Esta comisión reunirase sempre que xurdan problemas xerais pola aplicación do convenio, sendo funcións dela canto se refira á súa interpretación, vixilancia e cumprimento.

As resolucións no seo da comisión adoptaranse por maioría, e subscribirase acta de cada reunión.

No caso de que non se chegue a acordo entre os membros da comisión no prazo de cinco días hábiles enviarase copia da acta dela ós interesados, na que se recollerá a posición de cada parte, co fin de deixar expedita a vía para que estes poidan acudir ós órganos da xurisdicción laboral ou aqueloutros que as partes acorden para a resolución do conflicto presentado.

A convocatoria da reunión, sempre que a comisión se teña que reunir ó completo, poderá realizarse por calquera das partes cunha antelación mínima de cinco días á celebración desta, xuntando a orde do día.

O domicilio da comisión fíxase nas oficinas que a empresa ten na Coruña.

Capítulo II

Réxime de retribucións

Artigo 4º.-Salarios para o ano 1996.

Os salarios base por cada categoría serán os que figuran no anexo I mensual para 1996, e dúas pagas extras que incluirán soldo base, antigüidade (a fixada no día da data) e plus de embarque.

Artigo 5º.-Complementos salariais.

O complemento de posto de traballo por plus de embarque será o que figura no anexo I mensual para 1996.

Artigo 6º.-Xornada legal e horas de presencia-plus de actividade especial.

Este artigo empezará a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1997 ou cando se obteña a autorización da autoridade portuaria, se é en data posterior.

Establécese por ámbalas partes unha xornada laboral ordinaria de mil oitocentas vinteseis horas anuais de traballo efectivo distribuídas en corenta horas semanais de media de traballo efectivo. O resto das horas que excedan do exposto e nas que non se presta traballo efectivo considéranse horas de presencia.

Tendo en conta a actividade que se desenvolve, e ó ter que distinguir entre traballo efectivo realizado e o tempo de presencia por razóns de espera, expectativas, servicios de garda, desprazamentos, avarías, etc., e co obxecto de establecer unha maior claridade sobre as expectativas de retribución, ámbalas partes, de mutuo acordo, conveñen que, como se comprobou que o traballo efectivo realizado é inferior á xornada legal anual de 1.826 horas, a empresa aboará por meses -doce meses- ós tripulantes un plus de actividade especial por cubri-lo sistema de traballo que figura no cadro, anexo VI, que será recollido no capítulo de retribucións salariais no anexo II .

Como contraprestación a este plus de actividade especial e como queda dito anteriormente e se reflicte no cadro, cubriranse tres remolcadores a vintecatro horas e un de retén, tódolos días do ano.

No remolcador de retén o persoal efectuará o mantemento de 9 a 13.30 de luns a venres; das 13.30 horas en diante o persoal estará perfectamente localizable co obxecto dunha prestación eficiente do servicio de remolque ou de emerxencia no porto.

Un dos remolcadores será dotado por parte da empresa dun teléfono móbil para que o patrón avise ós de retén fóra das horas de mantemento.

A percepción deste plus de actividade especial estará supeditada ó cumprimento dos requisitos expostos no parágrafo anterior, de tal xeito que se por calquera circunstancia o traballador non realizase os servicios que se presentaran ou ordenaran á hora que fose, estando de garda ou de retén, poderá ser sancionado segundo as medidas legais pertinentes.

Este plus de actividade especial estará en función do sistema de traballo que se desenvolve na base,

dependendo de: a) do sistema de traballo que, por circunstancias do tráfico do porto, se realice, b) do número de remolcadores que preste os seus servicios e c) do número de gardas que cubran as quendas de traballo.

Se fose necesario modificalo, habería que negociar outro convenio.

Mentres se manteña este sistema de traballo o persoal cobrará mensualmente, durante os doce meses do ano, o importe correspondente a 30 horas de presencia.

Durante o tempo de presencia, os tripulantes permanecerán nos remolcadores á espera de seren requiridos para efectuaren algún servicio.

Cando por necesidade, e logo de xustificación, un tripulante necesite ausentarse do remolcador, deberao solicitar ó representante da empresa.

As horas que excedan da xornada habitual de traballo como consecuencia dos relevos de garda e con motivo das substitucións por traslados a outras bases, por orde da empresa, serán consideradas como horas extras estructurais.

Artigo 7º.-Plus persoal como garantía ad personam

Establécese a título individual un plus ad personam para aqueles traballadores fixos no cadro de persoal no momento da sinatura do convenio.

O dito plus non será aplicable ó persoal de novo ingreso, dado o seu carácter estrictamente persoal e a súa percepción será mensual.

Para o cálculo deste plus ad personam tomáronse como base 252 horas anuais/garda con recargo do 100%.

O importe deste plus foi fixado de acordo cos beneficiarios incluíndose na súa contía os complementos de antigüidade, plus de calidade e cantidade de traballo (antigo artigo 43 da OTETIP), partindo de 252 horas ó 100% anuais/garda, remolques de porto e bolsa de vacacións, os cales son substituídos por este plus e na súa consecuencia desaparecen do convenio da base da Coruña a partir da sinatura deste convenio.

Este plus que aparece no anexo III é o calculado como base o 31-12-96 e cobrarase os doce meses do ano.

Artigo 8º.-Telefonía.

O tripulante que en posesión do correspondente título de radiotelefonista naval e que, designado polo armador, se faga cargo do manexo dos equipos radiotelefónicos, simultaneando tal función coa que deba efectuar segundo o seu contrato de enrolamento, percibirá como gratificación un 10% do salario base inicial correspondente á súa categoría. O persoal que se atope en prácticas non percibirá a dita gratificación.

Capítulo III

Outros conceptos salariais

Artigo 9º.-Remolques contratados de porto a porto.

Os tripulantes dos remolcadores que efectúen servicios de remolque de carácter mercantil entre por

tos, deberán ser satisfeitos pola duración deles e como contraprestación da obriga destes a levalos a cabo, o complemento seguinte:

O 8% do salario base convido actualmente por un mes para cada categoría que figura na táboa do anexo I, por cada período de vintecatro horas ou fracción de doce ou máis.

Nos períodos inferiores a doce horas, calquera que sexa a súa duración, percibirase o 4% do indicado salario base. Este complemento é independente e compatible coa retribución que corresponda ó traballador polos traballos efectivos realizados en xornada normal. As horas que excedan das que polo cadro de traballo lles correspondese permanecer a bordo dos remolcadores en porto, pagaranse como horas de presencia. Á garda de retén que tamén efectúe o remolque pagaráselle o mesmo número de horas de presencia. Se fixese falta cubri-lo cuarto remolcador para prestar algún servicio, avisaríase preferentemente á garda do segundo remolcador, que cobraría catro horas por servicio realizado. Se neste servicio a empresa cobrase algún recargo á dita garda aboaríaselle 6 horas de presencia.

Os gastos ocasionados en víveres, tanto en remolques de porto a porto como nas saídas ó mar correrán a cargo da empresa.

As tripulacións que realizarán estes servicios serán, a que estea de retén e a que estea de garda no terceiro remolcador. Este remolcador pasará a estar de retén e será cuberto pola outra garda que preste nel os seus servicios.

As tripulacións para as saídas ó mar a gancho libre ou con remolque serán as fixadas pola autoridade de mariña competente.

Capítulo IV

Percepcións non salariais

Artigo 10º.-Viaxes e axudas de custo por terra.

As viaxes serán por conta da empresa. As axudas de custo serán as que figuran no anexo IV.

Artigo 11º.-Manutención a bordo.

O persoal cobrará por este concepto 15.383 pts. ó mes. En total doce mensualidades.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será a que corresponda por función e categoría aboándose a contía correspondente ou a súa entrega pola empresa, estando obrigado o tripulante ó uso e conservación das pezas de roupa subministradas pola empresa.

No ano 1997 e sucesivos, a empresa entregará o equipo de roupa de traballo e desaparecerá o aboamento da contía citada no parágrafo anterior.

Artigo 13º.-Perda de equipaxe.

É a que figura no anexo nº 4.

Artigo 14º.-vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais e o seu desfrute efectuarase de acordo co reflectido nos cadros de traballo que estean en vigor na base da Coruña.

Capítulo V

Asuntos sociais

Artigo 15º.-Dereitos e garantías sindicais.

O delegado de persoal solicitará o uso do crédito sindical que necesita cunha antelación mínima de 24 horas entregándolle por escrito a solicitude ós representantes da empresa. O delegado de persoal comunicará ós seus compañeiros que deberán relevalo cada vez que solicite o uso do dito crédito. Considéranse incorporados a este convenio o disposto no Estatuto dos traballadores nos artigos nº 62 ó 68 e os artigos da LOXSE.

Artigo 16º.-Incapacidade transitoria por enfermidade.

Nestes casos e durante o tempo que a enfermidade persista, a empresa aboará a partir do 5º día unha compensación complementaria do 50% do soldo base e o plus de embarque, de tal xeito que se garanta que o tripulante enfermo nunca cobrará máis ca estando traballando sen incluí-las axudas de custo.

As horas ocasionadas por substitución do tripulante enfermo ou accidentado serán horas de presencia.

O retén cubrirá o enfermo e pola súa vez o retén será cuberto polo resto do persoal, que cobrará dez horas por cada garda realizada.

En caso de sospeita de absentismo, a comisión paritaria elixirá o facultativo médico que realizará unha revisión médica ó tripulante enfermo para coñece-lo seu estado real físico ou psíquico.

Artigo 17º.-Seguro complementario.

A empresa continuará formalizando unha póliza de seguro colectivo que cubra as seguintes continxencias dos seus traballadores: a) falecemento e b) invalidez permanente total (invalidez profesional). A indemnización será de 3.000.000 de ptas.

Artigo 18. Premio de vinculación

Convense un premio de vinculación á empresa como aparece no anexo IV.

Artigo 19º.-Fillos diminuídos.

A empresa aboará a cantidade de 14.067 ptas. mensuais nos casos de fillos diminuídos físicos e mentais.

Artigo 20º.-Premio de natalidade.

A empresa aboará por tal concepto 14.067 ptas. dunha soa vez, por cada fillo nacido.

Artigo 21º.-Xubilación.

Establécese un premio para os que se xubilen entre os 55 e os 58 anos e 15 anos de antigüidade na empresa de acordo coa seguinte táboa:

Ós 55 anos-titulados: 2.000.000 ptas.

Ós 55anos-subalternos: 1.700.000 ptas.

Ós 56 anos-titulados: 1.500.000 ptas.

Ós 56anos-subalternos: 1.200.000 ptas.

Ós 57 anos-titulados: 1.250.000 ptas.

Ós 57anos-subalternos: 1.000.000 ptas.

Ós 58 anos-titulados: 1.100.000 ptas.

Ós 58 anos-subalternos: 900.000 ptas.

A partir dos 59 anos a ata os 65 anos, ós que será obrigatoria a xubilación, non se devengará ningún premio de xubilación.

Os mandos de cuberta avisarán á empresa por escrito cunha antelación de seis meses o seu proxecto de xubilación; os mandos de máquinas ós tres meses; os non titulados, cun mes de antelación.

A xubilación é obrigatoria ós 65 anos.

Artigo 22º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar de 7.815 ptas por ano e fillo, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, para o que se presentarán xustificantes. Enténdese que ó pasar dos 18 anos se perde este dereito. Esta axuda aboarase xunto coa mensualidade de novembro.

Artigo 23º.-Licencias.

Establécense os seguintes casos concretos de licencias que sexan solicitados debidamente á empresa:

Por matrimonio: 17 días.

Por nacemento de fillos: 3 días.

Por enfermidade grave do cónxuxe ou fillos, de un a tres días, ampliables a cinco en caso de que se produza noutra provincia e segundo as circunstancias do traballo e suplencias por parte do resto dos tripulantes.

Por falecemento de familiares directos e directos políticos, un día na provincia, tres días en provincias limítrofes e con desprazamentos xustificados e cinco días por desprazamentos a outras provincias (distancias longas).

Artigo 24º.-Traballos especiais.

Ten a consideración de traballos especiais aqueles dos que a realización en condicións normais non é obrigatoria para os tripulantes do remolcador.

Ningún tripulante poderá ser obrigado á realización destes traballos, salvo naquelas circunstancias especiais en que perigue a seguridade do remolcador ou da súa tripulación.

A comisión paritaria decidirá, cos asesoramentos que coide pertinentes, cales serán estes traballos e a súa valoración económica.

Artigo 25º.-Traballos sucios, penosos e perigosos.

Están comprendidos neste artigo todos aqueles traballos que, pola súa natureza, para seren realizados cómpre un esforzo ou dedicación especial do tri

pulante. Estes traballos deberán ser realizados coas máximas condicións de seguridade e hixiene e non está obrigado ningún tripulante a realizalos se non é en tales condicións. A realización deles será voluntaria.

A comisión paritaria decidirá, cos asesoramentos que se estime pertinentes, cales serán estes traballos e a súa valoración económica.

Artigo 26º.-Tripulacións.

As tripulacións dos remolcadores no seu traballo en porto e mar serán as que marque a autoridade de mariña.

Arrtigo 27º.-Cadros de persoal.

O cadro de persoal de traballadores de flota nos remolcadores que a empresa ten establecidos no porto da Coruña compóñeno 24 traballadores. En caso de que a empresa decidise diminuílo, a reducción sería acordada coa comisión paritaria.

Capítulo VI

Outras disposicións

Artigo 28º.-Vinculación á totalidade.

As condicións económicas e de traballo pactadas neste convenio constitúen un todo único e indivisible, polo que non poderá, por ninguhna das partes del, pretenderse a aplicación ou modificación de ningunhas das súas cláusulas con independencia das demais, senón que deberá ser sempre considerado na súa totalidade.

Artigo 29º.-Aspectos legais.

En todos aqueles aspectos non regulados expresamente por este convenio, rexerá o previsto nas disposicións legais vixentes, considerándose incorporadas en tódolos seus termos ó presente texto as ditas normas e cláusulas legais.

En proba de conformidade con todos e cada un dos artigos do presente convenio colectivo, os comparecentes no concepto que interveñen, asínano para un só efecto na Coruña o 17 de xaneiro de 1997.

Pola empresa:Polos traballadores:

AsinadoAsinado

ANEXO I

Salario base e plus de embarque (ptas./mes) ano 1996

CategoríasSalario basePlus de embarque

Patrón maior de cabotaxe100.72710.501
Mecánico naval maior99.56710.432
Contramestre89.4508.517
Mecamar89.0628.443

ANEXO II

Base para o cálculo do plus de actividade especial

que se vai aplicar no ano 1997

Plus de actividade especial calculado o 31-12-1996

Tripulantes

Plus de actividade especial

o 31-12-1996

Manuel Rial Rego141.963 ptas./mes
Juan J. Hermo Mariño123.759 ''
Candido Irioja Pensado123.759 ''
Manuel Carabel Ferreiro123.759 ''
Juan F. García Sendón123.759 ''
José A. Agraso Rama123.759 ''
Juan Valle Costa128.830 ''
José M. Hermo Insua116.740 ''
Juan Insua Insua113.750 ''
Carlos Villaverde Dosil113.750 ''
José A. Castro García113.750 ''
José R. Juanatey González113.750 ''
José A. Caeiro Veloso113.750 ''
Antonio Cristino Quintela117.510 ''
Inocencio Vidal Doldán119.684 ''
Jesús Quian Pazos117.000 ''
Luis Vázquez Santiso117.000 ''
Avelino Fariñas Ourens117.000 ''
Jesús Rebouzas Peleteiro117.000 ''
Benedicto Carnota Cunqueiro114.238 ''
Jacobo González Oreiro114.238 ''
Manuel Piñeiro Riveiro111.532 ''

ANEXO III

Base para o cálculo do plus de garantía ad personam

que se aplicará no ano 1997

Plus de garantía ad personam calculado o 31-12-1996

Tripulantes

Plus garantía ad personam

o 31-12-1996

Manuel Rial Rego54.393
Juan J. Hermo Mariño32.565
Candido Irioja Pensado32.565
Manuel Carabel Ferreiro32.565
Juan F. García Sendón32.565
José A. Agraso Rama32.565
Juan Valle Costa48.818
José M. Hermo Insua34.419
Juan Insua Insua30.824
Carlos Villaverde Dosil30.824
José A. Castro García30.824
José R. Juanatey González30.824
José A. Caeiro Veloso30.824
Antonio Cristino Quintela46.810
Inocencio Vidal Doldán49.831
Jesús Quian Pazos46.606
Luis Vázquez Santiso46.606
Avelino Fariñas Ourens46.606
Jesús Rebouzas Peleteiro46.606
Benedicto Carnota Cunqueiro43.382
Jacobo González Oreiro43.382
Manuel Piñeiro Riveiro40.158

ANEXO IV

1. Axudas de custo de viaxe por terra ano 1996.

Ptas. por día e por tripulante: 5.471.

2. Manutención a bordo ano 1996.

Pagaranse 15.383 ptas. mensuais por tripulante e por este concepto.

3. Roupa de traballo ano 1996.

Ptas. por ano por tripulante: 26.089.

4. Perda de equipaxe ano 1996.

Ptas. por tripulante: 65.017.

5. Premio de vinculación para 1997.

-Ó face-los 12 anos de servicio:

* Para titulados de ponte: 66.191.

* Para titulados de máquina. 63.960.

* Para mecamares: 58.103.

-Ó face-los 22 anos de servicio:

* Para titulados de ponte: 132.382.

* Para titulados de máquina: 127.920.

* Para mecamares: 116.206.

ANEXO V

Ano 1996

Base para o cálculo do ano 1997

Valor hora de: -Valor-Presencia -H. extra.-Remolque porto a porto.-Saídas ó mar.

Patrón maior de cabotaxe
Manuel Rial Rego1.0921.911
Juan J. Hermo Mariño9521.666
Candido Irijoa Pensado9521.666
Manuel Carabel Ferreiro9521.666
Juan F. Garcçia Sendón9521.666
José A. Agraso Rama9521.666
Gerardo Hermo Mariño9281.624

Mécanico naval maior
Juan Valle Costa9911.734
Josë M. Hermo Insua8981.571
Juan J. Insua Insua8751.531
Carlos Villaverde Dosil8751.531
José R. Juanatey González8751.531
José A. Castro García8751.531
José A. Caeiro Veloso8751.531

Mecamar
Benedicto Carnota Cunqueiro8791.538
Jacobo González Oreiro8791.538
Manuel Piñeiro Riveiro8581.502
Jesús Quian Pazos9001.575
Luis Vázquez Santiso9001.575
Inocencio Vidal Doldan9211.611
Avelino Fariñas Ourens9001.575
Diego Rodríguez Ezquerra9421.648
Jesús Rebouzas Peleteiro9001.575

Contramestre
Antonio Cristino Quintela9041.582

ANEXO VII

A) Desprazamento para realizar servicios no porto de Corme -Laxe.

Acórdase que o total de retribucións, por tódolos conceptos e como axudas de custo, para este servicio serán as seguintes:

Patrón: 8.000 ptas.

Mecánico: 7.000 ptas.

Mecamar: 6.000 ptas.

No caso de que ás 8 horas o patrón considere que non se estará de volta no porto basa da Coruña antes das 15 horas, solicitará relevo, o cal será facilitado pola empresa en Corme ou Laxe neste caso a axuda de custo repartirase entre as dúas gardas do seguinte xeito:

Patrón saínte: 5.000 ptas.

Patrón entrante: 3.000 ptas.

Mecánico saínte: 4.000 ptas.

Mecánico entrante: 3.000 ptas.

Mecamar saínte: 4.000 ptas.

Mecamar entrante: 2.000 ptas.

B) Desprazamentos para realizar servicios no porto de San Cibrao.

Acórdase que o total de retribucións, por tódolos conceptos e como axudas de custo, para este servicio serán as seguintes:

Patrón: 10.500 ptas.

2º patrón: 10.500 ptas.

Mecánico: 10.500 ptas.

Mecamar: 10.500 ptas.

No caso de que a garda tivese que pernoctar en San Cibrao, as cantidades anteriores veríanse incrementadas nun 50%.

C) Desprazamentos para realizar servicios no porto de Ferrol.

Acórdase que para estes servicios a empresa pagará 4 horas de presencia a cada tripulante.

2029