Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de xaneiro de 1997 sobre o desenvolvemento das liñas básicas do Plan Integral de Mellora Xenética (PIMX).

Advertidos erros no texto da devandita orde, remitido para a súa publicación no DOG nº 24, do 5 de febreiro de 1997, é necesario face-las seguintes correccións:

-Na páxina 1.149, columna da esquerda, apartado III.1 do artigo 8, onde di: «Subministración gratuíta de doses de touros en proba para cubri-lo 20% das necesidades da explotación e subvención máxima do 65% do custo das doses seminais subministradas pola consellería», debe dicir: «Subministración gratuíta de doses de touros en proba para cubri-lo 20% das necesidades da explotación, subvención máxima do 50% nas doses adquiridas polos gandeiros que foran seleccionadas pola Mesa Técnica de Mellora Xenética e subvención máxima do 65% do custo das doses seminais subministradas pola consellería».

-Na páxina 1.150, columna da dereita, o texto do artigo 17, substitúese polo seguinte: «As subvencións recollidas na presente orde financiaranse con cargo ós conceptos orzamentarios

09.03.613-A.773.0 (12.000.000);

09.03.613-A.780.0 (15.038.000);

09.03.614-A.771.0 (82.000.000);

09.03.614-A.781.0(167.000.000);

09.03.731-A.770.0 (20.000.000);

dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997».

-Así mesmo, suprímese o anexo III da páxina 1.153.

2390