Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 25 de marzo de 1997 pola que se modifica a do 26 de decembro de 1996, ampliando o prazo de presentación de solicitudes de axudas superficie e primas gandeiras para a campaña 1997-1998.

Os desaxustes detectados nos últimos anos no Plan de Rexionalización Productiva de España, de abril de 1994, e vixente ata agora, no relativo á definición territorial e á asignación dos rendementos productivos por unidade de superficie, obrigaron a analizar e avalia-las posibles solucións no marco da normativa europea que regula o sector dos cultivos herbáceos.

As modificacións do Plan de Rexionalización Productiva, unha vez publicado no Boletín Oficial del Estado, poden supoñer unha nova oportunidade para aqueles agricultores que poidan verse afectados por elas, polo que se considera necesario outorgar un prazo adicional para que, se é o caso, os interesados poidan adapta-las súas solicitudes á nova situación.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e no Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O punto 1 do artigo 3 da Orde do 26 de decembro de 1996, queda redactado do seguinte xeito:

«1. O prazo para a presentación de solicitudes de axuda e da declaración de superficies forraxeiras será o comprendido entre o 2 de xaneiro e o 10 de abril de 1997».

Artigo 2º

A alínea b) do punto 1 do artigo 19 da Orde do 26 de decembro de 1996, queda redactado do seguinte xeito:

«b) Que rematará o día 19 de xullo de 1997, no referente a ovino e caprino».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

97-2104